Coidado co que dis, pode ser utilizado na tua contra.
Deberías aprender a falar, a pouco, paseniñamente
arrolando as palabras, son productoras de ideas.
O mellor e non falar.
se non dis nada pechas o espacio no sí
tautoloxía, e non vales nada.
Pola contra se falas de máis, caes.
Pechas o espacio no non.
Contradicción e por o mesmo, inconsistencia.
Non vales nada, o permites todo.
Cando cobran as miñas palabras lexitimidade?
Lexitimidade? Non hai cousa tal.
Non podes ter toda unha lista das túas creencias,
De feito, hai cousas que crees que non sabes que as crees.
Logo, cómo garantir a consistencia do meu credo?
A coherencia da vida?
Non podes; nin o teu creo é consistente, nin a túa vida coherente.
Non eres máis cá unha contradicción.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario