lunes, 12 de julio de 2010

::60

Agarda, un minuto.

É pouco, tan só unha coleción de sesenta segundos. (60)
A intersubxectividade que se pensa obxectiva.


Abraiante verdade?
Neste mesmo intre, cantas pessoas saltan?
Cantas; comen, durmen e mesmo choran.
Cantas pechan os ollos e pensan en cantas? (49)
Todo no mesmo minuto… CONSTRUE


Sesenta segundo arroxados o espacio. (48)
Vexo algunha conexión,
mais non todas…
A miña existencia nun só minuto tórnase… pesada.


Entre as miñas catro paredes, levedo.
Afogo a miña radical angustia en alquitran, Winston clasic por favor. (36)
Nin sequera tardo un minuto. (33)


Únicamente trinta; consciencia, migraña, sensación e levedade.
Basta botar un ollada, para non querer, volver a pensar. (30)


Levedade… (27)
(26)


(23)
(22)


(19)

(15)

(13)
(12)

(7)
(6)
(5)
(4)
(3)
(2)
(1)

domingo, 11 de julio de 2010

:: Coidado...

Coidado co que dis, pode ser utilizado na tua contra.




Deberías aprender a falar, a pouco, paseniñamente

arrolando as palabras, son productoras de ideas.



O mellor e non falar.

se non dis nada pechas o espacio no sí

tautoloxía, e non vales nada.



Pola contra se falas de máis, caes.

Pechas o espacio no non.

Contradicción e por o mesmo, inconsistencia.

Non vales nada, o permites todo.



Cando cobran as miñas palabras lexitimidade?

Lexitimidade? Non hai cousa tal.



Non podes ter toda unha lista das túas creencias,

De feito, hai cousas que crees que non sabes que as crees.

Logo, cómo garantir a consistencia do meu credo?

A coherencia da vida?



Non podes; nin o teu creo é consistente, nin a túa vida coherente.

Non eres máis cá unha contradicción.