miércoles, 16 de septiembre de 2009

:: Dona Sofía

Que sabemos de Quique?

Coido que ben pouco.

Alguén dixo que gusta de rachar os ventos,
a oito rodas.

Fala en metálico,
non leva faldas,
e aborrece os grelos.

Mais namorouse.

Coitadiño mozo que caeu prendado da Sofía –moito maior ca el-
Rapariga de tantos que alumean a historia.
Enrique Latorre-Ruiz

sábado, 5 de septiembre de 2009

:: Bionicle

Terás que esquecelo todo, se non
Ficar na incandescencia dos que perderon a alma.

Corazóns biónicos
Sons metálicos
Válvulas de latón a batería

Cerebros coma cpus,
Ollos de vidro opaco
E por supostoMans hidráulicas que xa non agariman

Todo pola maldición do intelectualismo
Monstro descarnado que:
Come crianzas e caga adultos

Teóricos de butacas despeluxadas que xa non dormen,
pechan os ollos
Perden os beixos
e non dubidan en subhastar a súa alma
por un oco na wikipedia.
Enrique Latorre-Ruiz