miércoles, 31 de marzo de 2010

Norte. Por Andrea Mahía García.

Un prestamo literario de una vieja amiga. Lo encontré aquí: http://www.lavozdegalicia.es/relatos/2007/08/21/0003_6075248.htm

Polas tristes terras do norte camiñas, coma unha burla a Deus, coma unha ofensa ao diaño. Muller dos ollares infindos, dos fondos prantos, non coñeciches patria; non sentiches coma a intensa luz dos seus verdes campos rodeábache, erguíache; facíache parte do seu vaidoso manto...


Muller dos ollares eternos, dos humildes prantos; repara na túa terra!, morta de esquecemento e ignorancia! a túa añorada casa, a dama atlántica, terra de alma, sangue do que naciches...

Hoxe fica allea e soterrada coma unha lembranza case sen ser vivida. Tantos anos silenciada!, paternos bosques, longas ramas e a súa esencia ben enraizada, unha terra coma unha deusa que a súa man ofrece e é mutilada, que renace estoica e bela e volta a ser maltratada. Patria senlleira e ausente, evocada cando buscabas un canto ledo, que curara o centro do latexo do teu corazón ferido pola retórica rancia, de tanta pantasma que gobernala quixo.

Polas tristes terras do norte camiñas, coma unha fatua sombra, coma unha vergoñenta estatua. Muller dos ollares tenros, dos calados prantos, sei que algún día alzarante azul e branca